Petróglifo do Chan da Pólvora II. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (IV)

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Petróglifo do Chan da Pólvora II. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (IV)

Petróglifo do Chan da Pólvora II. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (IV)

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (IV)

Os seus lugares

Petróglifo do Chan da Pólvora II

Petróglifo feito sobre un afloramento de xisto de orientación norte – sur, localizado no Chan da Pólvora, chaira situada aproximadamente no centro – sur da illa, que desemboca cara ao sur no val das Xabreiras. Os motivos gravados son coviñas de diferentes tamaños e formas, localizados nos diferentes planos da rocha así como nas arestas sobresaíntes da mesma.

Non se pode precisar a cronoloxía do gravado porque tanto as coviñas como os círculos simples son motivos difíciles de datar por ser moi comúns e recorrentes ao longo do tempo, por iso estes elementos englóbanse na prehistoria sen poder concretar unha etapa determinada, a falta dun estudo máis intensivo dos mesmos.

Tanto polo seu emprazamento como pola visibilidade a curta e longa distancia cara o mar e cara a entrada da ría, podería estar asociado ás liñas de tránsito costeiras (a posible relación entre petróglifos galegos e tráfico marítimo é sinalada por Santos e Seoane 2006 e Seoane 2005). Ao igual que o resto dos petróglifos costeiros os de Ons sitúanse en puntos estratéxicos desde os cales exercen un amplísimo control visual sobre as rías parecendo así que o obxectivo do seu emprazamento sexa a visualización destas zonas de entrada (Ballesteros-Arias e Seoane-Veiga 60, 2012).

Premer para ver a imaxe ampliada:

Imaxe destacada:

Vista xeral do afloramento rochoso de xisto sobre o que está localizado o petróglifo do Chan da Pólvora II

© CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This