Desfruta das actividades de verán no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Desfruta das actividades de verán no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Desfruta das actividades de verán no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

O Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia continúa co seu programa de actividades de verán

Dende o Centro de Visitantes das Illas Atlánticas achégannos novas frescas. Así esta semana ofertan unha atractiva programación que inclúe visitas guiadas no propio Centro de Visitantes, unha charla de divulgación sobre a vida na lagoa dos Nenos, unha actividade infantil (*) “Mírame o peteiro e saberás o que como” e o clásico cine en verde no que se proxectará o documental “Los orígenes de la vida: cuatro mill millones de año en el océano”

Así, nesta segunda quenda do mes de xullo e agosto, estas son as actividades ofertadas entre os días 30 de xullo e 5 de agosto.

(*) Require inscición previa. A actividade infantil é para nenos/as a partir de 7 anos

Premer sobre a imaxe para ver programación

Para máis información e inscricións

TELÉFONO: 886218082
CENTRO DE VISITANTES: RÚA PALMA 1, CENTRO HISTÓRICO DE VIGO

Horario visitas verán Centro de Visitantes

Rúa Palma 1, Centro Histórico de Vigo

Martes a Sábados:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes de 17:00h a 20:30h

Domingos e festivos:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes: Pechado

Luns: Pechado (incluído festivos)

Imaxe destacada: © Pedro Alonso

Share This