Faro de Ons. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVI)

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Faro de Ons. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVI)

Faro de Ons. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVI)

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XVI)

Os seus lugares

Faro de Ons

O faro está situado na parte máis elevada da illa, no Alto do Cucorno, a 128 m de altura. A súa orixe data de 1865, con torre e edificio de planta en “U”. É un dos poucos faros que quedan sen automatizar, no que aínda fan vida os torreiros nun edificio moi singular e en moi bo estado de conservación. Antigamente alí había un forno onde os torreiros facían o pan.
Coa aprobación do “Plan de Reforma do Alumbrado” de 1902 decídese que a luz do faro debe ter un maior alcance. A solución que se adoptou foi a de construír un novo faro sobre a base do primeiro. A torre antiga demoleuse en parte e levantouse outra de forma octogonal, rematada por unha lanterna de 3,70 m de diámetro.

As novas obras inauguráronse o 4 de xullo de 1926, cunha óptica da casa inglesa Chance Brothers. Para o alumeado púxose un sistema de vapor de petróleo: a presión por incandescencia (http://www.apmarin.com/es_faro_ons.html)

O recinto está pechado cun valo e arame e ten o acceso principal na parte sur. Fóra do recinto, e ao suroeste deste, atópase o heliporto.

 

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe destacada: Edificio do faro de planta en “U” coa torre de forma octogonal. © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This