II Xornada de formación AGAIA

  /  ACTUALIDADE   /  II Xornada de formación AGAIA

II Xornada de formación AGAIA

O  pasado sábado 16 de marzo,  a  Asociación de Guías Acreditados do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (AGAIA) organizou unha Xornada de Formación de Arqueoloxía no arquipélago de Cies coa colaboración dos arqueólogos: Manuel García Valdeiras e Jorge Lamas Bértolore,  membros do  Grupo  Ecoloxista Outeiro e  o Centro de Estudios Chamoso Lamas. A xornada levouse a cabo co apoio da dirección do Parque Nacional Marítimo -Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Naviera Mar de Ons.

Foi unha xornada interactiva e dinámica, acerca da reutilización dos múltiples recursos das illas por parte das numerosas culturas e civilizacións que pasaron polo arquipélago.  Os asistentes, baixo a choiva, descubriron os diversos asentamentos que houbo dende a Idade de Ferro ata os nosos días. Mergulláronse na civilización castrexa, camiñaron por riba das pisadas dos fenicios, sentáronse na taberna do Coxo, descubriron os abrigos antropizados dos labregos  e a razón polo cal as illas foron tan desexadas polos piratas.

Esta colaboración entre entidades e asociacións proporciona novas ferramentas para a interpretación do patrimonio cultural e ambiental das Illas atlánticas, para ver máis alá da area e das pedras, e ofrecer aos futuros visitantes unha visión máis completa  do único Parque Nacional galego.

 

Email: agaias.info@gmail.com

Facebook

Imaxes:

Andrea López Doriga Sandoval

Juanjo Álvarez

Manuel Rey

 

Share This