Iniciación no seguemento de rastros e sinais animais

  /  ACTUALIDADE   /  Iniciación no seguemento de rastros e sinais animais

Iniciación no seguemento de rastros e sinais animais

ACTIVIDADE DE INICIACIÓN NO SEGUEMENTO DE RASTROS E SINAIS DE ANIMAIS

Luns 16 de Maio: Río Xesta (A Lama)

​10:30 – 17:30 h

Punto de encontro Concello de A Lama.

Dificultade baixa. Apta para maiores de 12 anos.

Saída de campo guiada sobre seguemento de fauna silvestre (trampas de pelo, uso de cámaras de fototrampeo, etc). Ademáis coñecerás os diversos rastros e sinais (pelo, pegadas, ósos, egagrópilas, etc) dos animais presentes na zona como son o Lobo, Raposo, mustélidos varios, aves rapaces nocturnas etc.

E todo isto nunha paisaxe impresionante onde poderás admirar as incríbles fervenzas, as vellas carballeiras e o bosque de ribeira.

TARIFA: Adultos 15 euros. Menores de 15 anos 10 euros.

​​PRAZAS LIMITADAS.

PARA PARTICIPAR É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE.

INFORMACIÓN / RESERVAS:

Teléfono: 662 140 027

Email: INFO.ALADOS@GMAIL.COM

https://www.facebook.com/aladosmedioambiente/

https://aladosblog.wordpress.com

 

Share This