Todo Cómo chegar

  • Corticata Ecoturismo

    CORTICATA é unha empresa de ecoturismo que che ofrece a posibilidade de coñecer e descubrir o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e a súa contorna, centrándose sobre todo na Ría de Arousa, onde se atopa a Illa de Cortegada e a Illa de Sálvora. O noso principal obxectivo Leer más [...]

  • Cruceros Rías Baixas

    Cruceiros Rías Baixas ofrece a súa experiencia e bo facer para que a súa viaxe polas Rías Baixas sexa unha vivencia única. Dende 1981 descubrimos a beleza e os segredos destes mares e paraxes aos nosos visitantes. Entre outras, somos pioneiros en realizar rutas en barco á illa de Ons Leer más [...]

  • Mar de Ons

    Mar de Ons presta servizo regular de forma permanente os 365 días do ano entre Vigo e Cangas e caracterízase por ofrecer aos usuarios unha ampla variedade horaria que cumprimos de maneira exhaustiva durante todo o ano. Ademais, durante a tempada de verán, en Mar de Ons pomos en marcha unha ampla variedade de servizos que permiten aos usuarios gozar da beleza que ofrecen as Rías Baixas dun modo diferente e inesquecible. No verán realizamos servizo regular ás Illas de Cíes, desde os portos de Vigo, Cangas e Baiona, e á Illa de Ons, desde os portos de Bueu, Portonovo, Sanxenxo e Vigo. Tamén organizamos excursións marítimas pola Ría de Pontevedra con degustación de mexillóns e visitas guiadas á Illa de San Simón. Co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer diferente, durante as noites dos meses de xullo e agosto tamén organizamos festas a bordo do noso barco insignia Mar Vigo con catering e música. Ademais dos servizos de tempada e os servizos permanentes, tamén nos dedicamos ao aluguer de embarcacións para diferentes eventos, congresos, vodas, presentacións de marcas, seguimento de regatas, ceas baile ou excursións con grupos. E realizamos servizos especiais como o da Festa da Arribada ou os Lumes de Bouzas. Fomos pioneiros na posta en marcha de servizos como as excursións pola Ría de Pontevedra con degustación de mexillóns e os nosos barcos utilizáronse en diferentes ocasións para a rodaxe de películas, vídeos musicais, programas de televisión. O emblemático Illas Ficas foi o escenario da rodaxe da película "Os luns ao sol", protagonizada polo oscarizado actor Javier Bardem.

  • Nabia Naviera

    Unha das principais navieras das Rías Baixas que conta cunha moderna flota. Pertence ao Grupo Acuña, xunto con oturas empresas do sector turístico, sobre todo na Illa de Ons: hostalería (Casa Acuña, O Pirata e Camping Illa de Ons), axencia de viaxes (VioViajes) e de tempo libre (Susi Acuña). Nabia Leer más [...]