Todo Onde comer

  • Casa Acuña en Ons

    Casa Acuña foi fundado en 1945 por Jesús Acuña, cabezalero da illa. Sempre foi centro de reunión para todos os mariñeiros, e grazas ao binomio Jesús (coas redes) e a súa esposa Rosa (nos fogóns) convertéronse no mellor restaurante da Illa de Ons. Restaurante especializado en polbo, é famoso na Illa enteira. Ademais ten unha pequena pensión con 20 habitacións dobres.

  • Casa Checho en Ons

    Para poder apreciar a gastronomía do lugar en todo o seu esplendor e realizar unha viaxe culinaria a través do recordo e a tradición, a Illa dispón dun restaurante onde se elaboran os pratos máis representativos. “Casa Checho” é un establecemento onde a calidade é superior ao prezo e o ambiente ten aromas de familia. Os peixes e mariscos frescos do día son a especialidade da casa; as súas sinxelas e tradicionais elaboracións, a súa sinatura. A caldeirada de polbo e a empanada de millo con zamburiñas son o seu principal sinal de identidade.

  •  

    Camping Illas Cíes

    O camping está situado nas illas Cíes, concretamente na illa do Faro. As illas pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas de Galicia, que dende o ano 2002 as considera coma unha das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños atlánticos españois. Nas súas augas, poderemos Leer más [...]

  • Bar Restaurante Rodas en Cíes

    O bar restaurante Playa de Rodas atópase situado na illa Norte ou Montteagudo, ao pe do peirao de acceso ás Illas Cíes. Na súa terraza poderás gozar da mellor vista da praia de Rodas, así como da illa de San Martiño ou Sur. No restaurante degústase unha cociña con mariscos e peixes da ría así como das súas exquisitas carnes.