Mar das Illas. Guía de iniciación ao turismo mariñeiro nas Illas Atlánticas

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Mar das Illas. Guía de iniciación ao turismo mariñeiro nas Illas Atlánticas

Mar das Illas. Guía de iniciación ao turismo mariñeiro nas Illas Atlánticas

 

principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.

Este proxecto promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.

Ao fin de difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro no entorno do PNMTIAG editouse o  “Guía de Iniciación ao Turismo Mariñeiro no Ámbito de Influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas”. O documento é unha síntese dos principais valores patrimoniais que protexe o PNMTIAG, da súa xestión e normativa, das ferramentas da disciplina da Interpretación do Patrimonio e das boas prácticas ambientais en turismo mariñeiro.

Este  manual predente ser un documento de referencia á hora de programar actividades para valorizar á actividade pesqueira e o patrimonio do Parque Nacional dun xeito eficaz e rigoroso; unha axuda para realizar actividades de calidade que se distingan por ser temáticas, organizadas, relevantes e amenas aos participantes.

DESCARGA DO MANUAL AQUÍ

Share This