O embarcadoiro de Cortegada en 1906

  /  FOTOBLOG   /  O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

Estampa dunha tarxeta postal centenaria do embarcadoiro e de parte da aldea da illa de Cortegada fronte a Carril no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o monte Xiabre.

A comezos do século XX os concellos de Vilagarcía de Arousa e Carril (ao que pertencía a illa, antes da unión de ditos concellos en 1908) decidiron doarlle o arquipélago ao rei Afonso XIII para que establecera aquí a súa residencia de verán, mesmo se levantaron planos do pazo e dunha ponte levadiza que uniría a illa con Carril.

Naquelas datas habitaban a illa uns vinte veciños aínda que moitos dos terreos eran de xentes do entorno. Entre 1907 e 1910 e tras moitos atrancos burocráticos faríase entrega da doazón

Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This