Centro de visitantes

  /    /  Centro de visitantes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia inaugurou no nadal de 2012 o seu primeiro Centro de Visitantes nun histórico edifício sito no casco vello da cidade: o edifício Cambón.

O Centro, tenta amosar os valores naturais e culturais das illas atlánticas dun xeito moi artístico coa intención de trasladarnos a este singular espazo protexido.

O Centro trata de ser un referente para a visita ás illas, de xeito que os visitantes poidan disfrutar insitu da riqueza natural e cultural das illas tendo unha mostra previa da súa valía. O fin último será posibilitar a conservación deste emblemático lugar co uso e disfrute por parte de todos.

Horario visitas

Martes a Sábados:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h (de 10-12h atención preferente a grupos concertados)
  • Tardes de 16:30h a 19:30h

Domingos, luns e festivos pechado (agás Semana Santa)

Horario visitas verán

Martes a Sábados:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes de 17:00h a 20:30h

Domingos e festivos:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes: Pechado

Luns: Pechado (incluido festivos)

Centro de Visitantes

Documentos de interese