Sálvora

  /    /  Sálvora

Identificación

Composto pola Illa de Sálvora e un gran número de illotes como Vionta, Noro, Herbosa, Sagres, etc. Atópase situado na boca da Ría de Arousa.

Pertence ao concello de RIBEIRA.

Superficie

2.557 Hectáreas: 248 ha terrestres y 2.309 ha mariñas.

Outras figuras de protección

Incluído no ZEC “Complexo Humido de Corrubedo”. As súas augas incluidas na ZEPA Entorno mariño das Rías Baixas. Ben de Interese Cultural na categoria paisaxe protexida Decreto 48/2018.

Breve descripción

A illa de Sálvora xunto cos illotes que a rodean conforman labirinto rochoso que protexe a entrada norte da Ría de Arousa. Entre eles destaca a gran mole granítica de Noro e as abruptas Sagres. Por contra, a propia illa, presenta unha paisaxe relativamente chá onde dominan as praias e dunas e os pequenos bloques graníticos arredondados chamados bolos. Cara ao norte da illa atópase a aldea de Sálvora, testemuña muda doutro tempo no cal a illa estivo habitada. O faro, ata hai pouco gardado por fareiros, sinaliza esta perigosa zona onde aconteceron numerosos naufráxios como o do vapor Santa Isabel en 1921.

[Fonte contidos: Web oficial do PNMTIAG]

Oficina do parque

Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo)
Teléfono: 886 218 090 – Fax: 886 218 094
E-mail: iatlanticas@xunta.es
Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

Gardería de Sálvora

Teléfono: 680 483 453

Oficina de turismo O Grove

Teléfono: 986 731 415