Percebes da illa de Ons

  /  FOTOBLOG   /  Percebes da illa de Ons

Percebes da illa de Ons

Percebes da illa de Ons

O percebe (Pollicipes pollicipes) é un crustáceo do grupo dos artrópodos cirrípedos, un invertebrado que se localiza nas zonas máis batidas do litoral rochoso con máis inclinación, xa que require de augas ricas en osíxeno para desenvolverse de maneira óptima. Atópase así nas zonas máis turbulentas da rexión intermareal onde o rachar das ondas é moi violento.

Para sobrevivir aquí estes organismos adoptan estratexias para poderse manter fixos ao subtrato e evitar ser destruídos por cada golpe de mar, polo que viven apegados ás rochas onde están perfectamente adaptados e ben protexidos, contando con elementos de protección como unha blindaxe en forma de cota de malla e fortes órganos de suxeición. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome.

Todos os crustáceos presentan unha parede externa quitinosa reforzada por unha grosa calcificación para formar un duro exoesqueleto.

O percebe (Pollicipes pollicipes) é moi apreciado pola industria pesqueira e a súa extracción dentro do Parque Nacional está regulada para garantir unha explotación sotible deste recurso. Unha imaxe de Suso Framil.

Fai click sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Suso Framil

Share This