Programa de rutas guiadas do Parque: “Descubrindo as Illas Atlánticas”. Sálvora e Cortegada.

  /  ACTUALIDADE   /  Programa de rutas guiadas do Parque: “Descubrindo as Illas Atlánticas”. Sálvora e Cortegada.

Programa de rutas guiadas do Parque: “Descubrindo as Illas Atlánticas”. Sálvora e Cortegada.

Programa de rutas guiadas do Parque: “Descubrindo as Illas Atlánticas”

Queres ir descubrir as illas de Sálvora e Cortegada?

Xa hai datas para as novas rutas. O prazo de inscrición comezará o día 13 de setembro ás 09:00 horas. Reserva a túa praza!!!

Aberto o prazo de inscrición para apuntarse ás rutas organizadas pola Consellería de Medio Ambiente baixo o nome «Descubrindo as Illas Atlánticas»

«Con este programa se pretende animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais fóra da tempada de verán, nunha época de menor afluencia e na que se descobren os seus valores dende outro punto de vista», segundo explican dende a Consellería.

 

“Sálvora, illa de esculturas e lendas”:  visitas guiadas o 24 e 25 de setembro, de mañá ou tarde. Hai 88 prazas dispoñibles.

Custe do transporte: 12 € persoa. Saídas dende Aguiño (Riveira).

“Cortegada, o segredo dun bosque no mar”: visitas guiadas o 1 e 2 de outubro de tarde. Hai 22 prazas dispoñibles.

Custe do transporte: 10 € persoa. Saídas dende Carril (Vilagarcía de Arousa).

Máis información e reservas: 

-Sede do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, edificio Cambón, rúa Oliva 3, Vigo. Teléfono: 886218090.

-Na Central de Reservas de Parques Nacionales

 

 

Imaxe destacada:

 © Cíes.gal

Share This