Programa visitas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional”

  /  ACTUALIDADE   /  Programa visitas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional”

Programa visitas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional”

A Xunta de Galicia amplía o programa de rutas guiadas estivais aos catro arquipélagos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ven ofrecendo dende o 2004 unha oferta de rutas guiadas gratuítas por Cíes e Ons no verán e dende o verán de 2017 tamén a Sálvora e Cortegada.

A primeira ruta vai ser este venres 13 de xullo ao arquipélago de Sálvora, aínda que as persoas que desexen participar deberán inscribirse na central de reservas de Parques Nacionais.

A actividade guiada polo Parque é de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o arquipélago. As rutas faranas os integrantes do equipo de guías propio do Parque.

Estipúlase un mínimo de participantes e un máximo, e a situación meteorolóxica adversa será motivo de anulación da mesma.

 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza máis de 400 visitas guiadas estivais gratuítas polos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional.

Este programa ten o  propósito de animar aos cidadáns de tódalas idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de senderismo que fan os visitantes durante o verán.

O programa de rutas estivais naceu en 2004 , ofertando 2 ou 3 rutas guiadas diarias en Cíes e Ons co seu equipo propio de guías, as dúas illas que teñen transporte regular diario e que son moi visitadas por particulares no verán. Para participar nestas rutas os visitantes anotábanse o propio día da ruta nas casetas de información habilitadas en Cíes e Ons.

O verán pasado ampliouse esta oferta de rutas guiadas en pequeno grupo tamén a Sálvora e Cortegada onde se fixeron 64 rutas e 10 rutas respectivamente, e tras comprobar a boa acollida e a gran demanda que tiveron  (600 persoas en Salvora e 100 en Cortegada), o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia proseguirá ofertándoas este verán.

No periodo veraniego do ano pasado realizáronse case 400 rutas nas 4 illas, nas que participaron 4.245 persoas. Dende que se comezaron a ofertar no 2004,  levan participado máis de 42.000 persoas.

Ofertaranse rutas tódalas semanas dende o 13 de xullo ata setembro.  A Sálvora ofertaranse os luns, mércores, venres e sábados do verán. En Cortegada os martes. En Ons e Cíes ofréceranse rutas a diario apuntándose directamente na casete de información das illas ou reservando plaza na central para os  mércores en Ons e para os xoves  en Cíes.

En canto á temática das rutas guiadas, en Cortegada, un bosque no mar a botánica e a historia guiarán os pasos, namentres que na ruta  de Sálvora, unha illa de esculturas e lendas as rochas serán as que nos irán descubrindo a historia e natureza da illa.

 

En Ons e Cíes ofreceranse varias temáticas de rutas. No caso das que se ofertan a través da central de reserva (“Cíes, unha illa de paisaxes, e “Ons, illa con 2 caras)  céntrase nos cambios da paisaxe que os participantes poderán observar a través da senda.  Ademáis na caseta de información das 2 illas iránse ofrecendo alternativamente diversas rutas con outras temáticas: “Ruta da vida entre mareas” onde se observará a fauna e algas das rochas da costa; as rutas tituladas “Cíes, unha viaxe no tempo” e “Ons, un pobo no marson de temática histórica onde descubriremos a pegada dos habitantes das illas; e por último en Cíes ofértaseO segredo da praia de Rodassobre os segredos xeolóxicos e biolóxicos que agocha a famosa praia de Cíes.

Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. Están recomendadas para un público maior de 12 anos.

Para o transporte dos participantes ata a illa, (cuxo gasto corre ao seu cargo), no caso de Cíes e Ons, os participantes poderán acceder a través da líña regular que as distintas navieras  autorizadas ofrecen dende distintos portos, ou ben achegarse en embarcación privada autorizada.  Para o caso de Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o Parque organiza o transporte, aínda que o custe do billete o asumirá o participante.  Así no caso de Sálvora o barco sairá dende  distintos portos da ría de Arousa, con distintos prezos que abranguen de 14 a 23€ según o punto de embarque.  A Cortegada sairase dende o porto de Carril  ou de  Vilagarcía  cun prezo de 10€.

A continuación detállanse as características das rutas que se ofertan:

Illa data Título da rutas Nºprazas/día
Ons 2 cada día  (con reserva  previa  os mércores) Ons, Unha illa con 2 caras” (a ofertada para reserva)

Ons, Un pobo no mar

“A vida entre mareas”

15

15

10

 
Cíes 2 ou 3 cada día (con reserva  previa os xoves) Cíes, unha illa de paisaxes” (ofertada para reserva).

A vida entre mareas

O segredo da praia de  Rodas”

Unha viaxe no tempo

15

10

15

15

 
Sálvora Luns, mércores,  venres e sábado. Esculturas e lendas

12

Cortegada Martes O segredo dun bosque no mar”

11

 

 CONDICIÓNS DETALLADAS PARA PARTICIPAR:

 

  • A actividade guiada na illa é gratuíta, pero cada persoa ten que asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago. O custe da actividade corresponde unicamente aos custes de transporte a cada arquipélago. O importe abonarase á empresa de transporte o mesmo día da visita antes de comezar o seu servizo. Os participantes deberán levar a súa comida e bebida.
  • A ruta guiada desenvolverase ao longo de toda a mañá, agás nas excursións a Cortegada algúns dos días ofertados farase pola tarde. O resto do tempo, no caso das rutas a Cíes, Ons e Sálvora será de libre disposición do participante.
  • A reserva da praza débese facer a través da web reservasparquesnacionales.es, no apartado de PN Illas Atlánticas, presencialmente na sede administrativa do Parque (rúa Oliva, 3 Vigo) ou ben nas casetas de Información de Cíes e Ons para as rutas do día.
  • Os menores de 18 sempre deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.
  • As prazas ofertadas a través da central de reservas iranse abrindo progresivamente a medida que se achegue a data de realización (aproximadamente uns 15 días antes).
  • No caso de non poder asistir á actividade de Sálvora e Cortegada, deberase anular na web de reservas de PN como máximo 4 días antes á realización da ruta, coa fin de que outras persoas poidan participar. Non anular a tempo (salvo en casos debidamente xustificados), será motivo suficiente para non poder participar noutras actividades organizadas polo Parque Nacional neste semestre.
  • As rutas faranse cun mínimo de participantes; no caso de non acadalo, a dirección do Parque valorará a súa cancelación, avisando previamente a tódolos participantes.
  • O Parque Nacional resérvase o dereito de cancelar a actividade ou modificar os seus horarios en función das condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior.
  • Pódese solicitar máis información ademais de na propia central de resevas, nos seguintes teléfonos:

Os  luns (de 09:00 a 14:00h): 886 218090.

De martes a sábados (de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30) e domingos de 11 a 14h: 886218082.

Imaxe destacadaFernando Rey Daluz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A continuación detállanse as características das rutas que se ofertan:

 

Illa data Título da rutas Nºprazas/día
Ons 2 cada día  (con reserva  previa  os mércores) -ONs, Unha illa con 2 caras (a ofertada para reserva)

-Ons, Un pobo no mar

– A vida entre mareas

15

15

10

 
Cíes 2 ou 3 cada día (con reserva  previa os xoves) Cíes, unha illa de paisaxes (ofertada para reserva).

A vida entre mareas.

O segredo da praia de  Rodas.

Unha viaxe no tempo.

15

10

15

15

 
Sálvora Luns, mércores,  venres e sábado. Esculturas e lendas 12
Cortegada Martes O segredo dun bosque no mar 11

 

En total ofrécense  máis de 400 rutas (60 a través da central de reservas) durante o verán con aproximadamente 5.500 prazas (case 1000 prazas a través da central de reservas, o resto nas casetas de Cíes e Ons) a disposición daqueles que queiran coñecer a natureza e a historia do Parque Nacional.

A ruta realizarase en galego ou castelán segundo a procedencia dos participantes.

 

Solicitudes

 

Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. O enlace web é www.reservasparquesnacionales.es. No apartado específico do PN Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas para cada unha das rutas co seu respectivo calendario. Cada persoa poderá reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tamén unha lista de agarda, coa que cubrir posibles baixas en Sálvora e Cortegada.

 

As plazas ofertadas a través da central de reservas iránse abrindo progresivamente uns 30 días antes de cada ruta.

 

Tamén poderase cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (rúa Oliva 3, Vigo). No caso de Cíes e Ons nas casetas de información das illas o propio día xa que se ofertan plazas a diario (plazas limitadas).

 

Os menores deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante, admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

 

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.

 

No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva,  co fin de dispoñer da praza para outras persoas interesadas.

 

Co ánimo de preservar os valores das illas e ofrecer unha atención o máis personalizada posible, estipúlase un número máximo de participantes. Tamén se advirte que a excursión pode quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

Share This