Seguimento de aves WWF-Parque Nacional Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Seguimento de aves WWF-Parque Nacional Illas Atlánticas

Seguimento de aves WWF-Parque Nacional Illas Atlánticas

WWF pon en marcha unha campaña de voluntariado en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, para recoller información sobre as interaccións entre a actividade pesqueira e as poboacións de aves mariñas mergulladoras, fundamentalmente de corvo mariño cristado.

Mediante a observación directa das zonas onde coincide a presenza de aves mariñas e a pesca mediante artes de enmalle, irase recollendo e anotando información que describa a situación (localización, número de aves e a súa actividade, número de embarcacións e a súa actividade ) incluíndo, se se dese o caso, posibles capturas accidentais.

Ademais recollerase información importante sobre interaccións entre corvos mariños e embarcacións de recreo, transporte, etc, así como do uso que fan o corvo mariño e outras aves mariñas do espazo marítimo do Parque e o seu comportamento no mar.

VÍDEO:  https://gopro.com/v/LeqRDWqdezJo

Share This