Un cemiterio nas illas Cíes. Fotogalería (II)

  /  FOTOBLOG   /  Un cemiterio nas illas Cíes. Fotogalería (II)

Un cemiterio nas illas Cíes. Fotogalería (II)

Nos últimos tempos, o diminuto e inclinado cemiterio das illas Cíes foi obxecto dunha limpeza e restauración. Deste xeito foron localizados e dignificados os seis enterramentos que perduran neste camposanto. A principios do século XX facíase xa patente a necesidade da construción dun cemiterio para dar servizo aos veciños das illas Cíes. Antes da súa existencia, estes habitantes insulares eran soterrados nas dunas proximas. No ano 1927 as illas Cíes contan xa cun cemiterio que será bendito nun ambiente festivo e de celebración. O singular cemiterio das illas Cíes está ubicado na illa do Medio ou Montefaro, nunha elevación do extremo sur do areal de Rodas dominando unha extraordinaria paisaxe. As diferentes imaxes que se mostran na fotogalería están tomadas antes do remate das obras de posta en valor do cemiterio da illas Cíes.

Tamén podes consultar: 

Un cemiterio nas illas Cíes. Fotogalería (I)

Proxecto de cemiterio para os veciños das illas Cíes, 1913 (I)

Bendición cemiterio das illas Cíes en 1927

Misa de campaña nas illas Cíes en 1927

Podes premer sobre as imaxes para as ampliar

Imaxes:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Share This