Visita Cortegada con Faia Educación Ambiental

  /  ACTUALIDADE   /  Visita Cortegada con Faia Educación Ambiental

Visita Cortegada con Faia Educación Ambiental

“VISITA Á ILLA DE CORTEGADA. PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS” CARRIL-AROUSA, 29 DE MAIO

Desembocadura do Ulla. Carril.
Unha illa agarda fronte a nós. Nas mareas, rañeiras e mariscadoras traballan no mar. Pernas ergueitas, lombo dobrado, sacho e angazo na man. Auga calma. Mulleres. Homes. O traballo non é novo. Líganos a tempos non moi afastados. Os vestixios das conserveiras certifícano.
A nosa ollada seguía no peirao, nos viveiros, no bulicio das lanchas, na amplitude da ría. Andoriñas e gaivotas. Mais eu xa só pensaba na avoa, nas tías e tíos, e no traballo no mar. Botei unha ollada cara a atrás; alí, Carril. Incorporei de novo a vista. E así, a presenza dela era cada vez maior; empezaba a encher o espazo.
Ela…aí diante…Cortegada..Olleina en fite e entón….. lembrei..
Ano 1907. A vida dos Chaves, Abalos, Sardiñeiras, transcorre laboriosa, dura, na illa. Mais algo acontece e altera todo canto hai. O rumbo das súas vidas e Cortegada mudan para sempre…

PROGRAMA

11h Transporte en lancha desde Carril á Illa de Cortegada
11,15h Sendeirismo. Ruta guiada na illa. Interese botánico, histórico, cultural. paisaxístico. 3,5km/nivel, doado. O gran bosque de loureiros. As lianas.
14h Descanso na Illa de Cortegada ou traslado a Carril (a opción das persoas)
16h Visita guiada aos viveiros do Parque Nacional.
Visita á Lonxa de Carril. A ameixa fina, babosa, xapónica. O berberecho.
18,30h Remate

Até breve!

Tedes máis información en www.faia.gl

Faia Educación Ambiental

Imaxes:

Faia Educación Ambiental

Share This