Breve presentación dos liques no Parque Nacional

  /  FOTOBLOG   /  Breve presentación dos liques no Parque Nacional

Breve presentación dos liques no Parque Nacional

Musgos, fungos e liques son seres vivos pouco coñecidos polo público en xeral que xogan un papel fundamental nos ecosistemas. Os liques teñen a singularidade de estar formados por unha alga e un fungo que viven en simbiose para constituír un ser vivo diferente a eles e con características únicas.

A simbiose proporciona aos liques vantaxes fronte os dous compoñentes por separado. Viven habitualmente en zonas onde nin unha alga nin un fungo poderían crecer de manera illada, xa que as primeiras serían destruídas polo clima e as segundas non atoparían alimento.

Viven sobre substratos moi diversos como rochas, area, madeiras, cortizas, solos e mesmo nas rochas litorais. Faltan no mar, nos tecidos animais e en zonas onde a contaminación do aire é moi elevada.

No Parque Nacional están catalogadas polo de agora 231 especies de liques sendo gran parte de distribución restrinxida e 17 especies incluídas na Lista Vermella de macroliques da UE.

Os liques máis representativos do Parque Nacional son os que colonizan rochas no litoral representados en tres cintos liquénicos perfectamente diferenciados, zona litoral (cinto negro ou de verrucaria)  zona supralitoral inferior (cinto laranxa ou de caloplaca) e zona supralitoral superior (cinto de ramalina).

O que aportamos nesta imaxe é unha comunidade de ramalina spp.

Imaxe:

Pedro Figueras

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This