Cambios na propiedade de Ons (I). Capítulo 5. A súa historia. “Ons: unha illa habitada”

Portada » O Parque Nacional » Cambios na propiedade de Ons (I). Capítulo 5. A súa historia. “Ons: unha illa habitada”

Feb 5, 2018 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 5

A súa historia

Cambios na propiedade de Ons I

 

899

Alfonso III doa á Igrexa de Santiago a illa de Ons.

[Lucas Álvarez, M. (1997), La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela. Estudio y edición, Madrid, documento 18, pp. 87-91]

1520- 1521

Referencias posteriores e secundarias indican que a Casa de Montenegro controla as rendas e a explotación dos recursos da illa, cedidas polo Arcebispado de Santiago.
Nun documento de 1810, para xustificar os dereitos de posesión sobre as illas de Antonio Manuel Montenegro, inclúese un memorial do Conde de Maceda no que se di que Tristán de Montenegro fixera un morgado en 1521, co permiso do emperador Carlos V, no que se incluían as illas de Ons: «(…) Un memorial impreso del Conde de Maceda solicitando la grandeza, en que refiriendo los mayorazgos y estados que posee se dice Señor de las Islas de Ons en el mar oceano como subcesor por la linea de Doña Baltasara Montenegro y Sotomayor su madre de la casa y Torre solariega de los Crus sita en la Villa de Pontevedra, y de la casa de Pazo de Mourente, Torre de Sanin, Torre de Cela y otros lugares en que subcedió Don Payo de Montenegro su abuelo materno, hijo de Don Pedro de Montenegro, nieto de Payo Sorred de Montenegro, viznieto de Tristan de Montenegro, que con facultad del Señor Emperador Carlos 5º hizo Mayorazgo de dichas casas y sus agregados, el año de 1521, los cuales ya antes habia poseido su abuelo materno Lope de Montenegro, 6º Abuelo del Conde (…)» (f.2).

[Arquivo Histórico Nacional (1810), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 34]

1553- 1554

Dous documentos conservados no Arquivo Histórico Nacional permiten constatar a presenza da familia Montenegro en Ons como feudatarios, encargados de las rendas e a explotación dos recursos, aínda que os citados Montenegro recoñecen nestes mesmos documentos que a xurisdición civil e eclesiástica pertencía en exclusiva ao Arcebispado de Santiago.

[Arquivo Histórico Nacional (1553), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 3, e Arquivo Histórico Nacional (1554), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 4.]

1562

Renovación do foro entre a familia Montenegro e o Arcebispado de Santiago de Compostela.
O Arcebispo compostelán fai un foro con Luís de Montenegro e Antonio Sarmiento de Montenegro no que lles cede o aproveitamento e explotación da illa a cambio dunha renda e de renderlle preito- homenaxe:
«Isla de Ons 34. Foro senero perpetuo de la Isla de Ons con sus casas, casares, jurisdicion zivil y criminal toda circundada de mar a favor de Antonio Sarmiento Montenegro por renta de diez ducados. Pasó ante Masias Vasquez escribano de numero y aiuntamiento desta ciudad anno 1562.

In dei nomine amen. Sepan quantos esta presente carta vieren como en la çibdad de Santiago a diez dias del mes de julio ano del nasçimiento de nuestro Redentor Iesu Christo de mill e quinientos y sesenta y dos anos ante el muy magnifico y muy Reverendo senor dotor sebastian de carriaço provisor oficial e bicario general en lo espiritual e tenporal de la dicha santa yglesia çibdad y arçobispado de Santiago y en presençia de mi el escrivano e testigos paresçieron presentes don luys de monte negro arçediano de bal de minor en la catedral yglesia de Tuy y antonio sarmiento de monte negro vezino de la billa de rredondela ambos y dos juntamente en conformidad dixeron que por quanto ellos tenian y poseyan la ysla dons questa toda en derredor de si çercada por mar por todas partes sin aber al darredor della nenguna tierra por nenguna parte sino toda por todas partes çercada de mar y en gran cantidad de mar. E tiene por limites por la tierra hazia el norte en la dicha ysla el monte de Centulo y Badelongo hasta la otra punta que se dize la porta dons que sera mas de media legua y por el ancho comiença en el porto canal questa en fronte de la ria de Ponte Vedra y ba derecho a la mar a la parte de la trabesia que terna de ancho menos un quarto de legua por donde mas tiene e todo al darredor hes pena la tierra y la mar ancha y fonda y la llebaban y gozaban con sus casas y casares binas arboles y plantados montes prados pastos chousas y rresios entradas y salidas y con todo lo a ella anejo debido e pertenesçiente e usaban la jurdiçion çebil y criminal della por si y otros en su nombre entre los vezinos y moradores de la dicha ysla todo por suyo quieta e pacificamente y lo mismo hiziera payo sorrede su padre y antes del lopo de montenegro su abuelo y antes del dicho su abuelo tristan de montenegro su bisabuelo y otros sus antepasados de quien tenian titulo y causa y del tendençia y agora subçediera deferençia dentre el dicho ilustrisimo e Reverendisimo senor arçobispo de santiago con ellos sobre la dicha ysla frutos e Rentas della y sobre la jurisdiçion çebil y criminal de la dicha ysla dons y los vezinos y moradores della (…)».

[Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, Rentas de la dignidad arzobispal. Foros del mayorazgo de Pontevedra (1494- 1696), Fondo Xeral. Serie Bens e Rendas da Mitra, 57, Folios 154 a 187]

1563

Pedro Carnero, veciño de Noia e viúvo de María Sánchez de Montenegro, fai unha escritura de doazón da cuarta parte da Isla de Ons a Antonio Sarmiento de Montenegro e os seus irmáns.

[Arquivo Histórico Nacional (1553), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 11]

1570

Consérvase o traslado dunha escritura de poder e outorgada por Antonio Sarmiento de Montenegro, como feudatario das illas de Ons, a favor de Juan Martínez Ternero, cardeal en Santiago de Compostela, para que no seu nome e no dos seus sucesores presente preito homenaxe ante o Arcebispo de Santiago Don Francisco Baltodano, en cumprimento dunha das cláusulas do foro.

[Arquivo Histórico Nacional (1553), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 12]

1584

Un documento xudicial permítenos reafirmar que os Sarmiento- Montenegro eran feudatarios da illa de Ons, de quen era propietaria a Igrexa de Santiago, do que se deixa constancia ao comezo do mesmo: «Yo Juan Rodriguez Beyra juez de residençia en la isla e feligresia de Santa Maria Dons e su jurisdiçion e terminos por el Referido senor Antonio Sarmiento de Montenegro senor de la dicha isla e feudatario della por la santa iglesia de Santiago exelentisimo perlado della».

[Arquivo Histórico Nacional (1584), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 14]

1603- 1604

A través dun proceso xudicial por pastar gando equino e cazar furtivamente na illa de Ons temos noticia de que o señor da illa segue sendo un membro da familia Sarmiento- Montenegro, máis concretamente Payo Sorred de Montenegro e Sotomayor.

[Arquivo Histórico Nacional (1603- 1604), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D.21]

1677

Escritura de foro feita por Bernardino de Lanzós e Baltasara de Sotomayor, condes de Maceda e señores das illas de Ons, a favor de Juan García Torres e Juan de Padín de Torres, veciños da freguesía de Santa María a Digna (Santa María de Adina, Sanxenxo, Pontevedra). De novo temos constancia a través dun documento da continuidade dos Sarmiento-Montenegro como señores da illa, desde a concesión do foro no século XVI.

[Arquivo Histórico Nacional (1677), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 28]

1787

Máis dun século despois do último documento ao que fixemos referencia, atopamos un novo nomeamento de xuíz para as illas de Ons e Onza (Pontevedra), outorgado polo señor das mesmas, Antonio Miguel Montenegro y Sotomayor, neste caso a favor de José de Mesa o Maior, veciño de Santa María de Ardán (Marín, Pontevedra).

[Arquivo Histórico Nacional (1787), Sección Nobleza, 77. MOS- VALLADARES, C. 18, D. 32]

Imaxe: © Fernando Rey Daluz

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Imaxe destacada: cara oeste da illa de Ons © Arquivo da Luz Atlántica

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...