Ago 4, 2018 | NATUREZA

Como todos os veráns, nestes últimos anos, están chegando á costa as crías das quenllas (Prionace glauca), de entre 50 a 80 cm de lonxitude, xa que nacen moi preto da costa e veñen a alimentarse as augas pouco profundas. Non son perigosas pero é necesario ter en consideración as…

Boas prácticas:
– Se che entra nun anzol, libéraa viva e rápido o mellor que poidas.
– Se as ves vivas no mar non as collas nin as toques.
– Se atopas unha varada viva na praia, introdúcea rapidamente no mar, con axuda dunha toalla está ben para evitar sorpresas.
– Se atopas unha varada morta retíraa á proximidades dun contedor de lixo. Evitaremos que quede apodrecendo na area.

Alerta sempre aos socorristas da situación e avisa a 112 ou ao teléfono da CEMMA (686989008) cunhas fotos enviadas polo wasap podemos identificar a especie o sexo e o tamaño.

Non sempre imos poder recoller os corpos pero tratamos de rexistrar todos os casos.

Neste caso aviso que chegou a Tiburones en Galicia. Ao final da tempada de verán poremos en común todos os casos que reciba a Rede de varamentos de Galicia.

Cemma Cetáceos

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos