Arroaz con su cría jugando en la ría de Arousa

Portada » O Parque Nacional » Arroaz con su cría jugando en la ría de Arousa

Mai 14, 2019 | FOTOBLOG

Arroaz coa súa cría xogando na ría de Arousa

Os arroaces (Tursiops truncatus) son os cetáceos máis costeiros e doados de observar nas nosas rías. Poden chegar medir entre os 2 metros e os 3,5 metros.

Entre todos os golfiños , é a especie máis común, máis coñecida e sociable xa que adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías.

Existe unha poboación estable nas Rías Baixas de Galicia, das que aproveita os recursos xa ben para se alimentar ou para criar aos cachorros en augas máis calmas. Adoitan formar grupos ou manadas de entre 15 ou 30 individuos, tratándose habitualmente de femias e crías.

Aliméntase sobre todo de cefalópodos, peixes e mesmo dalgún crustáceo.

As súa coloración é negra no dorso que se vai facendo máis clara nos costados e ten o ventre claro. O seu fuciño é máis curto que o do golfiño común (Delphinus delphis) que vive en grandes grupos nas augas costeiras exteriores. Son máis oceánicos. É sobre todo na primavera cando estes últimos entran nas rías. De menor tamaño ca o arroaz, non sobrepasa os 2, 30 metros de lonxitude.

O arroaces están presentes en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico. Unha imaxe de Dieguito Ge Eme.

Tamén che pode interesar:

Mamíferos mariños do Parque Nacional. Presentación

Fai clic sobre a imaxe para ampliala:

 

Imaxe:

© Dieguito Ge Eme

produccion
Author: produccion

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...

Reconversións en Sálvora

Reconversións en Sálvora

Vista parcial do lugar do "Almacén " en Sálvora" a través dunha extraordinaria imaxe de Fernando Rey Daluz A escultura da serea reconvertida en lenda, a vella taberna reconvertida en capela e a factoría-almacén de salgado de peixe reconvertida en pazo. Bolos...