Asociación e simbiose nunha rocha granítica colonizada por liques

  /  FOTOBLOG   /  Asociación e simbiose nunha rocha granítica colonizada por liques

Asociación e simbiose nunha rocha granítica colonizada por liques

Asociación e simbiose nunha rocha granítica colonizada por liques

Este lique de cor alaranxada recibe a denominación de Caloplaca mariña. É moi habitual colonizando as rochas graníticas das illas oceánicas do Parque Nacional.

Os liques son organismos que xurden da simbiose entre un fungo e unha alga. Son así organismos vivos pertencentes ao mesmo reino ca os fungos. Unha asociación que permite moita resistencia á secura, ao frío e á calor. O liques son organismos pluricelulares, excepcionalmente resistentes ás condiciones ambientais adversas e capaces, polo tanto, de colonizar moi diversos ecosistemas. No caso das Illas Atlánticas é así como son quen de soportar o vento, a auga e a salinidade á que están expostos.

O fungo aporta protección fronte á desecación e a radiación solar, e a alga aporta a capacidade de fotosíntese conferíndolle a esta dita simbiose características únicas dentro dos seres vivos. A síntese de compostos únicamente presentes nestes organismos, o que se denomina sustancias liquénicas permiten un mellor aproveitamento de auga, luz e a eliminación de sustancias prexudiciais.

Unha imaxe de Fernando Rey Daluz.

Podes ler tamén:

A caloplaca mariña colorea as illas Cíes

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This