Bendición templete de cazadores en San Martiño. Cíes

  /  HISTORIA   /  Bendición templete de cazadores en San Martiño. Cíes

Bendición templete de cazadores en San Martiño. Cíes

As illas Cíes foron coto de caza de perdices e coellos dende primeiros do século XX até os anos 60. Durante este período o coto de caza pasou por distintas concesións. En 1930, os cazadores levantaron un templete na illa de San Martiño que sería bendito nun acto relixioso nesta illa. Hoxe en día, atópase en estado ruinoso tras as dunas do areal de San Martiño, apenas visible por estar rodeado de eucaliptos.

Imaxe:

Foto Pacheco

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This