Cando o sol se agocha as augas do océano Atlántico tórnanse douradas

  /  FOTOBLOG   /  Cando o sol se agocha as augas do océano Atlántico tórnanse douradas

Cando o sol se agocha as augas do océano Atlántico tórnanse douradas

Cando o sol se agocha as augas do océano Atlántico tórnanse douradas

En moitas ocasións, mesmo no período invernal, nesta impresión, as augas do océano Atántico tórnanse douradas ao se agochar o sol, o solpor.

Unha imaxe reflectida a través da cámara de José A. Campos sobre a superficie marítima do entorno das illas Cíesarquipélago emprazado na boca de entrada da ría de Vigo.

O arquipélago de Cíes, xunto aos de Ons, Sálvora e Cortegada, ubicados todos nas Rías Baixas de Galicia, conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

É o único espazo natural de  Galicia que conta con esta figura de protección. Así, está incluído na Red de Parques Nacionales de España que suman un valioso conxunto de 15 espazos naturais  amparados baixo a figura de protección de Parque Nacional. Estes ecosistemas tan singulares están distribuídos entre a Península e o arquipélago das illas Canarias.

Tamén che poden interesar:

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

Arquipélago das illas Cíes. Presentación

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© José A. Campos

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This