Corvo mariño grande na xunqueira do río Lagares

  /  NATUREZA   /  Corvo mariño grande na xunqueira do río Lagares

Corvo mariño grande na xunqueira do río Lagares

Corvo mariño grande na xunqueira do río Lagares

O Corvo mariño grande  (Phalacrocorax carbo) xunto ao Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) son as dúas especies de corvos mariños presentes nas nosas augas, tanto costeiras como do interior. Orixinalmente, o corvo mariño grande era só invernante, pero desde hai uns anos asentouse como reprodutor nalgúns encoros do interior da Penísula aínda que en Galicia ata o dagora non. Atópase en expansión, e, dado que é un consumado pescador, nalgunhas zonas entrou en conflito cos pescadores deportivos, que o acusan de consumir peixes de interese pesqueiro e comercial. Nós non estamos dacordo con eses argumentos.

O Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) é unha especie fundamentalmente piscívora puidendo capturar grandes peixes namentres mergulla. Está máis asociado a lagoas, xunqueiras, ríos e e esteiros que ao medio mariño, aínda que é frecuente observalos no interior das rías. O seu tamaño é bastante máis grande ca o do noso corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis).

Nas imaxes do audiovisual de Basilio Cegarra  aprezamos o comportamento dun Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), acompañado dunha GarcetaEgretta garzetta) xunto a un grupo de ruidosas Gaivotas reidoras (Chroicocephalus ridibundus). Imaxes capturadas na xunqueira e no esteiro do río Lagares que desemboca no areal de Samil en Vigo.

A imaxe destacada foi tomada por Suso Framil en Beluso (Bueu).

Pódeche interesar tamén:

Aves mariñas na ría de Vigo

VER VÍDEO:

Imaxe destacada: 

© Suso Framil

Audiovisual:

© Basilio Cegarra

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This