Dende o observatorio de aves…

  /  FOTOBLOG   /  Dende o observatorio de aves…

Dende o observatorio de aves…

Dende o observatorio de aves…

Observar as colonias de aves mariñas é un dos grandes atractivos que ofertan as illas oceánicas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. No arquipélago das Cíes contamos con dous observatorios estratéxicamente situados, o do alto da Campá en Montefaro, e o menos concorrido do faro do Peito, na imaxe, en Monteagudo. Ambos contan cunhas vistas privilexiadas, xa ben para gozar da paisaxe, tomar fotografías ou practicar o avistamento de aves. Outra fermosa imaxe de Fernando Rey DaLuz.

Imaxe:

LuzLux

© ReyDaluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This