É Galicia un país de quenllas?

  /  ACTUALIDADE   /  É Galicia un país de quenllas?

É Galicia un país de quenllas?

Dende o ano 2013 seguiuse e analizado a inusual presenza de xuvenís de tintoreras ou quenlla azul (Prionace glauca) na costa galega durante o período estival, sendo o ano 2018 no que se rexistrou un maior número de citas chegando a 123 eventos correspondentes a máis de 200 quenllas.

Exemplar varado na praia de Aguieira. Fonte: CEMMA
A talla media destes exemplares resultou ser duns 60 cm de lonxitude total. No histórico dos últimos 3 anos foi o mes de agosto cando se concentran o groso das ocorrencias. A distribución dos rexistros de tintorera por todo o litoral galego entre os anos 2013 e 2018 pódese ver no seguinte mapa. Os resultados preliminares foron presentados (ver póster) no SIBIC 2018 (VII Congress of the Iberian Society for Ichthyology) coa intención de dar a coñecer o proxecto de seguimento a nivel ibérico e cubir un maior rango xeográfico; tamén se enviou un artigo á revista especializada en peixes ibéricos FISHMED.

Número de observación por mes e ano

É importante indicar que aínda que este último ano produciuse un importante incremento, non ten porque estar necesariamente relacionado cunha maior presenza desta especie na costa, senón que pode deberse a un posible “efecto chamada” tendo en conta a campaña de difusión levada a cabo desde a CEMMA, o equipo de Ecoloxía Azul e Tiburones en Galicia. Ademais, a maior presenza de veraneantes ao longo da costa nesa época pode ser outra posible fonte de rumbo.

Seguiremos reunindo datos para tentar comprender que é o que está a suceder e lograr responder algunhas preguntas sobre este interesante fenómeno que se está a dar estes últimos anos nas nosas costas.

Foto de portada dun exemplar achado na praza de Morouzos, proporcionada polo CEMMA.

Artigo publicado por Ecoloxía Azul – Blue Ecology

Share This