En beneficio de tod@s cómpre ter en conta estas medidas sanitarias

  /  ACTUALIDADE   /  En beneficio de tod@s cómpre ter en conta estas medidas sanitarias

En beneficio de tod@s cómpre ter en conta estas medidas sanitarias

ℹ️ Dende es luns 15 de xuño xa podemos visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada)

📢 EN BENEFICIO DE TOD@S CÓMPRE TER EN CONTA ESTAS MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE 

 É obrigatorio o uso de máscara no transporte en barco, nas colas de embarque e desembarque e sempre que non se poda gardar o distanciamento social de 2 metros.

 Mantén a distancia de seguridade de 2 metros sempre que podas, tamén nas praias.

 Leva varias máscaras cirúrxicas ou hixiénicas por persoa xa que o uso das primeiras está limitado a unha duración neta de 4/8 horas.

 Incrementa a hixiene das túas mans e leva xel hidroalcohólico utilízandoo sobre todo en zonas de uso común.

 Mantén a distancia de seguridade evitando o contacto con outras persoas na medida do posible.

 Leva a túa propia bebida e non utilices fontes ou billas da hostalería.

 Non leves luvas, son innecesarias e poden constituír un vector de propagación vírica.

 Evita tocar sempre que sexa prescindible varandas e pasamáns.

 Emprega o cóbado protexendo así a cara cando teñas que esbirrar.

 Procura saudar sen manter o contacto físico.

 Circula sempre que sexa posible pola dereita do camiño.

 Prégase moita precaución e hixiene nas zonas de uso común coma hostalería, puntos de información, centros de visitantes, cámping ou aseos.

 Segue sempre as indicacións do persoal do Parque Nacional e autoridades competentes.

 Procura descargar os folletos informativos sobre rutas e normativa antes da túa viaxe. Se pode ser de maneira dixital, moito mellor, evitemos o papel.

 A normativa habitual no que se refire á procura do equilibro entre a conservación e o uso público e desfrute segue en vigor.

 En definitiva, desfruta da túa estancia no Parque Nacional con máis precaución e seguridade 🏝 🙂

 A Consellería de Medio Ambiente reactivará ao a longo desta semana a central de reservas para solicitar as pertinentes autorizacións
📅 >> https://bit.ly/2Uq7zTy

#NaturezaAtlántica #CulturaAtlántica e moito #SENTIDIÑO

📸 Fernando Rey Daluz

 

Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Share This