Características tróficas de los signátidos de las islas Cíes

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Características tróficas de los signátidos de las islas Cíes

Características tróficas de los signátidos de las islas Cíes

Compartimos o traballo de Máster de Raquel Nogueira Fuertes, realizado no Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia e defendido o pasado mes de decembro. Esperamos que sexa do voso interese:

Resumo

Os signátidos son una familia de peixes de grande interese biolóxico e ecolóxico, así como dende o punto de vista da conservación da biodiversidade mariña ao tratárense de especies vulnerables debido a súa estreita asociación coas comunidades vexetais. Neste estudio analízanse as características biolóxicas e tróficas das poboacións de peixes signátidos asociados ás comunidades vexetais do arquipélago das Illas Cíes (Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas) baseándose en mostraxes realizadas en tres lugares do arquipélago, durante as estacións de primavera, verán e outono do 2017. Ademais de analizarse a presenza de especies, abundancia, tallaxe/peso e estado de madurez sexual préstase especial atención os perfís isotópicos de 15N y 13C, tanto da epifauna coma nas tres especies de signátidos capturadas nas mostraxes: o cabaliño de mar Hippocampus guttulatus e os peixes pipa Entelurus aequoreus e Syngnathus acus. O seguimento anual revelou a existencia dunha poboación significativa e de gran tallaxe do peixe pipa S. acus. Mentres que Hippocampus guttulatus e Entelurus aequoreus presentáronse en baixas abundancias e cunha distribución restrinxida (hábitat selectivos), localizada nunha sóa zona dos lugares estudados. A caracterización isotópica permitiu elaborar a estructura trófica da rede alimentaria asociada o hábitat dos signátidos, así como estimar por vez primeira o nivel trófico (NT) das especies estudadas: H. guttulatus (NT=3,73), E. aequoreus (NT=3,65) y S. acus (NT=3,66). Os resultados de NT sitúan ás tres especies no nivel dos consumidores secundarios (carnívoros primarios). A análise en profundidade das firmas isotópicas aportadas neste traballo permitirá desvelar a dieta dos peixes signátidos considerando os perfís isotópicos das presas potenciales de epifauna. Os resultados aportados contribuirán o coñecemento dos signátidos con vistas a elaboración de plans de protección e conservación no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Palabras clave: Syngnathidae, signátidos, Syngnathus acus, isótopos estables 15N e 13C, posición trófica, Arquipélago Illas Cíes.

Acceder ao traballo en PDF de Raquel Nogueira Fuertes clicando AQÚÍ

Author: produccion

Share This