Detalle lanterna do faro de Cíes en 1972

  /  FOTOBLOG   /  Detalle lanterna do faro de Cíes en 1972

Detalle lanterna do faro de Cíes en 1972

Imaxe da lanterna do faro principal de Cíes no ano 1972, cando foi suprimida a vivenda dos torreiros anexa á propia torre e actualizadas as instalacións. O faro xa fora automatizado había unha década e e a figura do torreiro xa non existía nas illas Cíes. Non foi o caso da illa de Ons e Sálvora onde aínda pervive a figura do torreiro.

Ler tamén: Montefaro illas Cíes (I) e faro de Ons (I).

Imaxe:

Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This