3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino

Portada » O Parque Nacional » 3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino

Nov 12, 2016 | ACTUALIDADE

3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino

Pontevedra, luns 14 de novembro

Hora: 09:30 h.

Lugar de celebración:

Salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra

Xunto ao Campus do Mar e ao Consello da Cultura Galega, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte organiza a terceira edición da xornada Bo uso e mal uso do mar”, que pretende seguir afondando na importancia da sustentabilidade dos océanos para a vida na terra, centrando desta vola a súa análise na Sustentabilidade en feminino.

Trala inauguración, a xornada abriráse coa mesa Oportunidades e ameazas para o sector marisqueiro, na que participan a directora do Instituto Español de Oceanografía, Victoria Besada, a catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo Elsa Vázquez e a investigadora Elena Ojea.

Así mesmo, esta xornada, que clausura ás 18.00 horas na Casa das Campás, inclúe tamén conferencias sobre recursos didácticos para a educación en adificación oceánica e sobre o marisqueo a pé e contará tamén cos obradoiros Mérgullate no Océano, do Campus do Mar, que se instalarán entre as 12.00 e as 14.00 horas no corredor da zona de laboratorios da facultade.

As conferencias, o panel e os obradoiros que se levarán a cabo forman parte dun conxunto de accións destinadas a contribuír á mellora dos coñecementos precisos para desenvolver a comprensión, o uso sustentable e a protección do medio mariño —de importancia estratéxica para Galicia— así como a fomentar a participación de todos os sectores interesados (stakeholders), neste caso, alumnado e profesorado da Universidade de Vigo, así como público en xeral. Nesta ocasión, a Xornada estará dedicada a recoñecer achegas de mulleres á sustentabilidade do mar, invisibles ou silenciadas, desde a educación, a investigación e os oficios propios do mar, en concreto, sobre o marisqueo.

Outro dos obxectivos da Xornada é o intercambio de coñecementos entre persoas investigadoras en diversos campos, tales como educación para a sustentabilidade con perspectiva de xénero, a economía, factores actitudinais ou desenvolvementos tecnolóxicos favorables á conservación e defensa do medio ambiente, en particular do medio mariño. Nesta ocasión, a participación dunha asociación de mariscadoras na Xornada, intenta outorgar un merecido recoñecemento ao seu duplo labor a prol da sustentabilidade dos recursos mariños e das súas propias familias.
Organiza: Sección Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG, coa colaboración do Campus do Mar, a Unidade de Igualdade e a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, e a Deputación de Pontevedra.

Premer sobre a imaxe para consultar o programa:

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos