Abellón traballando na illa de San Simón sobre planta ornamental
Un abellón (Bombus sp.) na illa de San Simón, allea ao espectador, na primavera, traballando sobre flor de planta ornamental. O abellón é un insecto semellante á abella pero máis grande, ruidoso ao voar e de aspecto peludo. É un gran polinizador das plantas bravas e cultivadas. Neste caso unha Calistemon (Callistemon acuminatus), planta alóctona da familia das Mirtáceas e orixinaria de Nova Gales do Sur en Australia. Non se comporta coma invasora.
Audiovisual:
© Basilio Cegarra
Imaxe destacada:
By Brian Tomlinson from Milton Keynes, UK – Bumblebee, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=56466222