Unha gaivota patiamarela leucística en Montefaro
Dende hai uns anos coñecemos a presenza e cría deste exemplar leucístico de gaivota patiamarela (larus michaellis) na illa de Montefaro das Cíes.
O leucismo é unha particularidade xenética debida a un xen recesivo, que dá unha cor branca á plumaxe mentres que os ollos, o peteiro mais as patas manteñen a cor normal desta especie a diferencia de exemplares con albinismo.
O leucismo presenta diferencias fronte ao albinismo. Así, os animais leucísticos non son máis sensibles ao sol que o resto, mesmo poden ser máis resistentes.
Fermosa imaxe tomada por Fernando Rey Daluz.
Tamén podes ler:
A gaivota patiamarela. Introdución
Imaxe: