“Entre bateas, os arroaces, habitantes das nosas rías”
Na imaxe, dous arroaces (Tursiops truncatus) chimpando entre bateas das Rías Baixas de Galicia.
Os arroaces (Tursiops truncatus) son os cetáceos máis costeiros e doados de observar nas nosas rías. Poden chegar medir entre os 2 metros e os 3,5 metros.
Entre todos os golfiños , é a especie máis común, máis coñecida e sociable xa que adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías.
Existe unha poboación estable nas Rías Baixas de Galicia, das que aproveita os recursos xa ben para se alimentar ou para criar aos cachorros en augas máis calmas. Adoitan formar grupos ou manadas de entre 15 ou 30 individuos, tratándose habitualmente de femias e crías.
Aliméntase sobre todo de cefalópodos, peixes e mesmo dalgún crustáceo.
As súa coloración é negra no dorso que se vai facendo máis clara nos costados e ten o ventre claro. O seu fuciño é máis curto que o do golfiño común (Delphinus delphis) que vive en grandes grupos nas augas costeiras exteriores. Son máis oceánicos. É sobre todo na primavera cando estes últimos entran nas rías. De menor tamaño ca o arroaz, non sobrepasa os 2, 30 metros de lonxitude.
O arroaces están presentes en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico. Unha imaxe captada na ría de Arousa, Rías Baixas de Galicia, por Dieguito Ge Eme.
Tamén che poden interesar:
Presentación dos mamíferos mariños presentes en augas do Parque Nacional
Arroaz coa súa cría xogando na ría de Arousa
Fai clic sobre a imaxe para ampliala:
Imaxe:
© Dieguito Ge Eme