CONSERVACIÓN DE MATOGUEIRAS ARBORESCENTES DE LAURUS NOBILIS NA ILLA DE CORTEGADA MEDIANTE ACCIÓNS DE ERRADICACIÓN DE EUCALYPTUS GLOBULUS. PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

Portada » O Parque Nacional » CONSERVACIÓN DE MATOGUEIRAS ARBORESCENTES DE LAURUS NOBILIS NA ILLA DE CORTEGADA MEDIANTE ACCIÓNS DE ERRADICACIÓN DE EUCALYPTUS GLOBULUS. PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

Out 24, 2016 | NATUREZA, VIDEOBLOG

CONSERVACIÓN DE MATOGUEIRAS ARBORESCENTES DE LAURUS NOBILIS NA ILLA DE CORTEGADA MEDIANTE ACCIÓNS DE ERRADICACIÓN DE EUCALYPTUS GLOBULUS.
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

O Parque Nacional marítimo – terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) é un dos 15 Parques Nacionais do Estado español, e coma tal, un dos máximos expoñentes da protección dos valores naturais do estado. Cunha extensión de 8.480 ha, está integrado a día de hoxe polos arquipélagos de: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e o entorno mariño que os rodea.

Na illa de Cortegada existe un bosque de loureiro, que representa a laurisilva que se supón abundaba na Galicia costeira na Era Terciaria, cando o clima era máis cálido que o actual.

En todo caso, o desembosque e saca das especies a eliminar faise por tracción animal, xa que é a opción menos impactante para as masas de laurel do sotobosque e para as infraestruturas a utilizar.
Non empregamos maquinaria que polas súas dimensións poida producir danos ao traballar ou circular pola illa.
Os traballos de eliminación de Eucalyptus favorecen a conservación e expansión dos matorrais arborescentes de Laurus nobilis que predominan no sotobosque.

Fonte:

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e Facebook

Fai clic aquí para mirar o vídeo.

Imaxe destacada:

Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos