Calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” (II)
Unha imaxe de Fernando Rey Daluz que transmite calma e tranquilidade na “Lagoa dos Nenos” do arquipélago das illas Cíes en condicións de marea alta. Esta singular lagoa litoral salgada forma parte do complexo praia-duna-lagoon das illas Cíes que une á vez que separa a illa do Norte ou Monteagudo coa illa do Medio ou Montefaro. Un espazo repleto de biodiversidade, un acuario natural no que deleitarse a contemplar as diversas especies de animais mariños que atopan aquí un lugar ideal de posta e alevinaxe e xa que logo de exportación das diferentes especies que habitan neste espazo. Xa ben polbos, congros, moreas, douradas, doncelas, sargos, agullas, muxos, bolos, rubios, blénidos, centolas, queimacasas…
Podes mirar tamén:
Calma e tranquilidade na Lagoa dos Nenos
Serenidade e comunicación no dique da “Lagoa dos Nenos” das illas Cíes
O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da Lagoa dos Nenos
Evolución do arquipélago das Cíes dende hai 3000 anos
Tres mil anos de cambios ambientais no complexo praia-duna-lagoon das Illas Cíes
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar
Imaxe: © Rey DaLuz LuzLux