“Mar de ardora”. Exemplo de estratexias adaptativas: Hipótese da “Alarma contra ladróns”

Portada » O Parque Nacional » “Mar de ardora”. Exemplo de estratexias adaptativas: Hipótese da “Alarma contra ladróns”

Dec 2, 2016 | CIENCIA, VIDEOBLOG

“Mar de ardora”. Exemplo de estratexias adaptativas: Hipótese da “Alarma contra ladróns”

Algunhas algas microscópicas consumen enerxía para producir bioluminisciencia. No vídeo explícase a ventaxa adaptativa que este gasto enerxético supón para estes microorganismos.
As algas Noctiluca scintillans son depredadas por outros compoñentes do zooplancton de corpo transparente, os copépodos, que ao inxerir noctilucas vólvense tamén brillantes. De esta maneira, os copépodos vólvense moi chamativos e os seus propios depredadores (larvas de peixes) distínguenos máis doadamente. Desta forma, as noctilucas fixeron dous seus depredadores unhas alarmas para atraer axuda.
Este vídeo, presentado en HD 720p, foi creado para uso gratuito como material didáctico. Esta versión foi producida en galego co apoio da Xunta de Galicia.

Recoñecementos:

Mención honorífica nos Premios Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación 2011
Premio ao mellor vídeo do mes de Outubro no concurso On Zientzia organizado pola Fundación Elhuyar-Teknopolis
Selección á mellor animación en Hollywood Shorts Reel 14

Aclaración:
A presente versión do vídeo pode inducir a pensar que a única forza selectiva en acción é a “selección de grupo”, segundo a cal algúns individuos sacrifícanse polo ben dos seus conxéneres. En realidade, as algas ilumínanse ao ser comidas, pero tamén ao ser “molestadas”, atraendo desa forma aos predadores de orde superior. Aquelas algas que se iluminan sen ser destruídas, poderían verse favorecidas pola selección. Na actualidade estamos a traballar nunha nova versión da “voz en off” que aclare mellor ese punto.

Este vídeo pode resultar útil como material de apoio, pero non pretende substituír as aclaracións que o profesor pode ofrecer ao alumno para axudarlle a contextualizar o seu cont

Fonte: 

Divulgare

Imaxe detacada:

De No machine-readable author provided. Uwe kils assumed (based on copyright claims). – No machine-readable source provided. Own work assumed (based on copyright claims)., CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=209516

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos