Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

Portada » O Parque Nacional » Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

Dec 9, 2016 | FOTOBLOG, NATUREZA

Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

O arquipélago de Cortegada está situado no fondo da ría de Arousa, preto do esteiro do río Ulla. Pertence á parroquia de Carril (Vilagarcía de Arousa). Ocupa 191 héctáreas das que 43,8 son terrestres e 147,2 mariñas e forma parte do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que está siuado nas Rías Baixas de Galicia.

Desta vez queremos facer fincapé na condición de Cortegada coma arquipélago e non coma unha única illa.

Por definición un arquipélago é un conxunto de illas e illotes máis ou menos próximas. E iso é o que é Cortegada, un arquipélago conformado por unha illa principal, Cortegada e un conxunto de illas, Malveira Grande e Malveira Chica, e illotes menores coma As Briñas e O Con Branco ou Cagado.

Dentro das illas Malveiras, a Malveira Grande posúe un dos bosques de cerquiño (Querqus pyrenaica) máis grandes que se conservan no litoral atlántico. Unha das mellores representacións costeiras da Península. Unha outra de tantas das peculiaridades que atesoura a Cortegada do seu máxico bosque de loureiros, da extensa e fantástica “colección” de cogumelos ou da historia dos seus habitantes. Todas elas segredos dun tempo pasado.

Fotogalería. Premer sobre as imaxes para as poder ampliar:

Imaxes fotogalería:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...