“O ceo dos deuses”. Starlight nas Illas Atlánticas

Portada » O Parque Nacional » “O ceo dos deuses”. Starlight nas Illas Atlánticas

Xan 5, 2017 | NATUREZA, VIDEOBLOG

“O ceo dos deuses”. Starlight nas Illas Atlánticas

Desfrutando da noite. Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Este audiovisual é unha mostra do que reúnen os espazos retratados das illas desde o punto de vista da natureza e da etnografía, integrando a galaxia cos elementos da paisaxe. O autor, Fernando Rey, percorreu desde hai máis de 4 anos as Illas do Parque Nacional coas seus cámaras, captando e compartindo a beleza dos ceos deste enclave natural, que destacan polas súas cores: azuis, brillantes, cálidos, cheos de maxia e de sensacións.
A calidade do traballo, xa que reflicte o espectáculo único que se rexistra desde que se pon o sol e que cada vez ten máis adeptos e seguidores, entre os que destaca a NASA, institución que sucumbiu á beleza das súas imaxes. Este traballo tamén constitúe unha boa ferramenta para divulgar cómo funciona o sistema solar e cómo a luz moldea os elementos de nosa contorna, á vez que integra ás persoas coma elementos dese todo e incide na necesidade de manter e protexer o tesouro da natureza.

DESTINO TURISTICO STARLIGHT

 

Imaxe:

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos