A USC estuda por vez primeira a dinámica e demografía das poboacións de saboga en Galicia

Portada » O Parque Nacional » A USC estuda por vez primeira a dinámica e demografía das poboacións de saboga en Galicia

Xan 24, 2017 | CIENCIA

David José Nachón estuda por vez primeira a dinámica e demografía das poboacións de saboga en Galicia

A tese de doutoramento de David José Nachón García desenvolve por vez primeira un estudo da dinámica e demografía das poboacións de saboga (Alosa fallax) en Galicia, así como o seu seguimento cronolóxico tratando de definir os factores que rexen a súa distribución. Como explica o co director desta investigación o doutor Rufino Vieira Lanero, xefe da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, a ausencia de datos e traballos científicos sobre esta especie nos sistemas fluviais galegos era practicamente total.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Exemplar de saboga (Alosa fallax)

Como explica David José Nachón, este é un peixe migrador cunha grande importancia tanto dende o punto de vista ecolóxico e científico como dende o punto de vista etnográfico e económico e arredor do que, por falta de información contrastada, existían dúbidas e incertezas sobre a súa distribución. Cualificada coa máxima valoración, a tese estuda a dinámica poboación e a microquímica dos otolitos das poboacións de saboga dos ríos Ulla e Miño, o que contribúe de forma significativa ao coñecemento das características biolóxicas e demográficas  tanto de xuvenís como de adultos, de dúas das poboacións de saboga máis importantes da Península Ibérica.

De esquerda a dereita Rufino Vieira, José Carlos Fernandes Antunes, Pedro Raposo de Almeida, David José Nachón, José Carlos Otero e Fernando CoboDe esquerda a dereita Rufino Vieira, José Carlos Fernandes Antunes, Pedro Raposo de Almeida, David José Nachón, José Carlos Otero e Fernando Cobo

Concretamente, a análise microquímica dos otolitos permitiu coñecer os patróns de migración entre o medio oceánico e fluvial ao longo do ciclo vital e o grao de fidelidade ao río de orixe. A saboga é unha especie cun ciclo vital similar ao do salmón ou o da lamprea. O traballo de Nachón García permitiu cuantificar a elevada porcentaxe de retorno que estes peixes presentan ao río de orixe así como un grande variedade de patróns de desprazamento en funcións das idades dos exemplares estudados.

Co título ‘Dinámica poboacional e microquímica dos otolitos das poboacións de saboga, Alosa fallax (Lacépède, 1803), dos ríos Ulla e Miño’, dirixiron a tese o profesor Fernando Cobo Gradín, director da Estación de Hidrobioloxía, e o doutor Vieira. O tribunal que lle outorgou sobresaliente cum laude constituíuno o profesor da Universidade de Évora, Pedro Raposo de Almeida; José Carlos Fernandes Antunes, da Universidade de Oporto; e Carlos Otero González, da USC.

Gabinete de Comunicación da USC

Imaxe destacada:

By © Hans Hillewaert, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=11787322

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

É Galicia un país de quenllas?

É Galicia un país de quenllas?

Dende o ano 2013 seguiuse e analizado a inusual presenza de xuvenís de tintoreras ou quenlla azul (Prionace glauca) na costa galega durante o período estival, sendo o ano 2018 no que se rexistrou un maior número de citas chegando a 123 eventos correspondentes a máis...