Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Portada » O Parque Nacional » Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Feb 14, 2017 | NATUREZA

Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Na primavera de 2016  monitorizáronse 5 niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) no cordón dunar da praia de Rodas.

O primeiro niño foi localizado o 20 de abril e o último o 25 de maio.
Catro dos 5 niños alcanzaron a eclosión, dos que naceron un total de 11 pitos, resultando así un éxito aparente de niño (EAN) de 0,8 cunha probabilidade de supervivencia diaria (PSD) do 63%.

O primeiro niño eclosionou entre o 1-3 de maio pero uno dos ovos malogrouse aparentemente durante a fase inicial do proceso de eclosión, polo que naceron finalmente dous pitos. O 5 de maio só un dos dous pitos nados permanecía con vida e custodiado unicamente polo macho, fenómeno relativamente frecuente na especie. Finalmente alcanzou a idade de voo abandonando a praia de Rodas a principios de xuño.

O segundo niño localizouse o 5 de maio antes de finalizar a fase de posta e o 25 de maio constatouse a súa desaparición por causas descoñecidas.
O tres niños restantes localizáronse o 25 de maio en fase de incubación temperá.
O 17 de xuño confírmase a eclosión coa observación de 3 familias con 3 (do niño 3), 2 (do niño 4) e 2 (do niño 5) pitos respectivamente, asumíndose a mortalidade de dous pitos das familias 4 e 5 nas primeiras horas/días de vida.

O 30 de xuño márcanse con anillas de cores 4 pitos de dúas familias (familias 3 e 5) á idade aproximada de 20-22 días. En visitas posteriores confírmase a supervivencia de 3 pitos dos 4 anelados (2 da familia 3 e 1 da familia 5) e dos 3 pitos non marcados con aneles de cores (1 da familia 3 e 2 da familia 4).
Entre o 8 e 13 de xullo os 6 pitos alcanzan a idade de voo e mantéñense en grupo xunto a 3 machos na intermareal da Lagoa dos Nenos.

Así, o éxito de pitos na praia de Rodas durante a primavera de 2016 foi do 60% resultando un éxito reprodutivo de 2,3 pitos voados por femia reprodutora.

Entre o 13 e o 23 de xuño todos os exemplares abandonan a praia con excepción dun dos pitos (xa volantón) do niño 3 que é observado o día 23 no lado norte da praia próximo á pasarela de entrada. O 7 de agosto (e en visitas posteriores) non se rexistra ningún exemplar na praia de Rodas.
Un dos pitos anelados da familia 3 observouse o 16 de xullo na praia da Lanzada (SÉ-Po) e o 7 de outubro na praia de Coroso.

Fonte: 

Parque Nacional Illas das Atlánticas de Galicia

Imaxe destacada:

By Bogbumper – Own work, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=5255756

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos