Paxariños amarelos decorando as dunas de Muxieiro nas illas Cíes

Portada » O Parque Nacional » Paxariños amarelos decorando as dunas de Muxieiro nas illas Cíes

Mai 8, 2017 | FOTOBLOG, NATUREZA

Paxariños amarelos decorando as dunas de Muxieiro nas illas Cíes

Nas dunas das illas Cíes habitan os paxariños amarelos

Estupenda imaxe coa que nos deleita desta vez José. A Campos de Paxariños amarelos ou Paxariños de praia decorando as dunas do Muxieiro. A Linaria polygalifolia é unha especie común aínda que vulnerable, moi singular e chamativa en todos os sistemas de dunas dos areais das illas Cíes. Tamén aparece en Canexol e Melide no arquipélago de Ons ou nos amplos sistemas de dunas de Sálvora.

Os Paxariños amarelos son un precioso exemplo dun endemismo de vistosa coloración tan só presente no litoral do NO da Penísula Ibérica, na costa atlántica que vai dende Lisboa ata a costa de Lugo.

Linaria polygalifolia é unha de tantas especies da vexetación dunar que son quen de adaptarse á vida na area, ao vento, a insolación, a seca e por suposto á salinidade.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Tamén che poden interesar as seguintes entradas:

Introdución aos sistemas de dunas do Parque Nacional

Primavera, unha explosión de cor xorde nas dunas de praia Ladeira-A Ramallosa

Píllara das dunas nun areal

Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

As dunas da foz do río Muíños en Nigrán, ofrecen un espectáculo fascinante de vida e cor na primavera. Fotogalería

A herba de namorar tapiza e colorea a illa de Sálvora

Flora e vexetación das illas Cíes

Flora e vexetación de Sálvora

Estudo florístico da illa de Ons

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © José. A Campos

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...