Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (X)
Os seus lugares
Arco con gravado
Trátase dunha peza de granito tallada en forma de arco con inscrición. Atópase inserido na parede interior dunha corte.
A inscrición está realizada con punteiro metálico na que se pode ler “SANTA MA” e que parece cortada polo que na súa orixe a inscrición continuaría. Dende o punto de vista estilístico, trátase dunha letra humanística con cronoloxía entre o século XVI ata a actualidade, pero polo seu desenvolvemento estaría entre o século XVI e XVII.
Descoñécese a súa situación orixinal, aínda que por unha referencias documental do 1598, na que se da conta da visita arzobispal, e na que se recolle a presenza de 19 feligreses, sábese que na illa houbo unha igrexa con advocación a Santa María da Illa de Ons, dentro do Arcedianato do Salnés. [Arquivo da Catedral de Santiago (1598), Visitas do arzobispo Libro III 1598, IG- 277, f. 186 vº].
Imaxe destacada: detalle arco con gravado no interior dunha corte en Ons © CSIC
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada