Grazas por respectar os nosos niños, moitas de nós aínda estamos chocando os ovos
Moi boas meus, tan só puntualizar e facer fincapé no feito de que agora mesmo estamos inmersas no período de reproducción e cría da nosa especie. Somos a gaivota patiamarela (Larus michahellis).
Por estas datas xa nos temos xuntado en parella, femia e macho. Repetindo o proceso habitual, reocupamos e arranxamos os niños, fixemos as cópulas oportunas, e agora andamos chocando os ovos. Estamos incubando. Por iso é que andamos tan ocupadas e atarefadas.
Se miras que me levanto do niño, que me poño nerviosa e inqueda, que falo en alto, non te amoles. É unha época complicada para nós e temos que garantir a nosa supervivencia realizando así moito esforzo. Ademais, xa en poucos días van eclosionar os ovos que puxemos e os nosos polos serán alimentados, adestrados e educados durante mes e medio con moito celo para que se podan emancipar con todas as garantías.
Compre prestar atención ás beiras dos camiños, hai tempo que moitas parellas elixen as beiras destas sendas para aniñar. Os nosos polos gustan de camiñar o pouco tempo de nacer polos arredores do niño, son nidífugos.
Non nos deas de comer, por favor, e non deixes os teus alimentos á vista, somos oportunistas e larpeiras. Moito mellor evitar estes casos. Agora é cando necesitamos doses suplementarias de alimento polo gasto enerxético ao que nos afrontamos neste período de reprodución, incubación e cría, pero nós xa nos apañamos ben. Somos coñecederas e moi afortunadas por poder contar cos enormes recursos que proporciona o mar e mesmo a terra no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e o seu entorno.
Así, nós, as gaivotas patiamarelas, estamos orgullosas de vivir e formar parte dunha das maiores colonias que existen no mundo da nosa especie, Larus michahellis.
Desfruta da túa visita ás illas. Convidámoste a compartir este extraordinario lugar xuntos.
Se queres coñecer moito máis sobre a gaivota patiamarela podes consultar as seguintes entradas:
A gaivota patiamarela. Introdución
A gaivota patiamarela xa deu comezo á primavera no Parque Nacional
Unha gaivota patiamarela entre cores de primavera
Cópula de parella de gaivota patiamarela (VÍDEO)
Volverémolos mirar a tempada que ven!
Unha gaivota patiamarela leucística en Montefaro
Larus, Michahellis e o pequeno Antón en directo en youtube (VÍDEO)
Calma e tranquilidade na Lagoa dos Nenos (VÍDEO)
Estratexias de gaivotas expostas a perigos durante a incubación
A xerarquía de nacemento, e non os efectos do ovo, determinan o comportamento dos polos de gaivota
Casos de depredación de lagarno arnau por gaivota patiamarela (EN)
Gaivota patiamarela contemplando o horizonte Atlántico
Aves mariñas na ría de Vigo (VÍDEO)
Parella de gaivota patiamarela descansando en Monte Faro (VÍDEO)
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe destacada: