Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XVIII)
Os seus lugares
Caseta militar de Onza
Caseta construída con fins militares en época da ditadura franquista, emprazada sobre un esporón ao leste do areal de Porta do Sol. Este é un lugar estratéxico dende onde se controlaría o tráfico marítimo, así como as Illas Cíes e unha grande parte costa da ría pontevedresa. Esta construción está en ruínas, faltándolle parte das paredes e o teito.
Na construción desta estrutura aproveitáronse dous afloramentos de granito como parte da camuflaxe. É de planta cadrada de 4, 70 m no lado oeste por 3, 65 m ao norte, coa porta orientada ao lado norte e unha ventá ao lado oeste, feita con ladrillo e cemento.
Imaxe destacada: © CSIC
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada