Sabella spallanzanii, “O verme máis fermoso do mundo”
Desfrutando desta volta cunha espectacular imaxe da serie de fotografía submarina do oceanógrafo e mergullador Jorge Pascual de Pedro
Introdución:
O “Plumeiro de mar” (Sabella spallanzanii, Viviani, 1805) é un espirógrafo e verme poliqueto, un animal mariño moi común nas nosas rías e tamén en augas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Contexto:
Descrición:
A Sabella spallanzanii ou “Plumeiro de mar” conta cun corpo cilíndrico e groso, adelgazado no extremo posterior, membranoso e flexible. Está formado por máis de 300 segmentos. A parte más visible é o tubo quitinoso grisáceo, que pode ter incrustacións de fango e doutros organismos. No extremo anterior aparecen dous lóbulos branquiais, un dos cuais está moi desenvolvido.
Tamén posúe uns longos filamentos plumosos formando unha espiral de varias voltas (1 en exemplares xuvenís e até 6 nos adultos). Son máis de 300 os filamentos que presenta por diante da boca.
A súa coroa de tentáculos é multicolor. Xeralmente parda e amarela, con estrías brancas e moradas. Nalgúns exemplares é completamente branca.
Como diciamos, cando se sente ameazado ou se lle inoportuna, o “Plumeiro de mar” é quen de se retraer completamente no interior do tubo. Este tubo acada os 60 cm de lonxitude e se pode enterrar profundamente ata os 10 cm baixo o sedimento.
A súa coroa de tentáculos soe ter até 10-20 cm de diámetro.
Varios individuos poden agruparse formando colonias, aínda que soen ser exemplares solitarios. Neste caso, o protagonista da imaxe é un adulto.
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Distribución:
A Sabella spallanzanii ou “Plumeiro de mar” habita no mar Mediterráneo e no océano Atlántico oriental, dende o Mar do Norte ata Marrocos. Mostra unha clara preferencia para o crecemento en augas abrigadas, enriquecidas por sustancias nutritivas ou en zonas de intensas correntes. A miúdo atopámolos en áreas baixas do submareal, en profundidades que van dende 1 a 30 metros.
Así mesmo gosta de colonizar pecios, cascos de barcos, xa ben amarrados ou en movemento, embarcadoiros ou pantaláns.
Alimentación:
Trátase dun animal mariño filtrador, alimentándose principalmente de plancto e dos detritos en suspensión que transporta a auga.
Reprodución:
Estes vermes poliquetos, teñen os sexos diferenciados e xeran gametos (células reprodutivas) ao mesmo tempo. Libera na auga ovos e esperma, sendo polo tanto unha fertilización externa. As femias chegan superar os 30cm, producindo máis de 50.000 ovos cada unha. As larvas son planctónicas e se denominan Trochopora. Os individuos xoves diferéncianse porque os seus dous lóbulos branquiais non están en espiral e son iguais. Na base da súa coroa tentacular conta unha serie de ocelos e fotorreceptores moi sensibles ás variaciones da intensidade luminosa.
Taxonomía:
En canto a súa taxonomía, este espirógrafo, Sabella spallanzanii está clasificado como unha Annelida da clase dos Polychaeta, orde Sabellida, familia das Sabellidae, correspondéndose co xénero dos Spirographis.
Imaxe: © Jorge Pascual de Pedro