Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XIX)
Os seus lugares
Ruínas en Onza
Trátase dun derrube localizado na parte alta da illa de Onza, na penechaira da parte central desta illa. Este derrube poderíase vincular cos restos dunha antiga cabana ou abrigo que puido servir como refuxio da xente que ia a buscala herba para o gando. Incluso, polos materiais utilizados, este derrube podería estar relacionado co momento en que se construíu a caseta militar.
Estes restos están ao marxe dunha crista granítica, e son de pedra de diferentes tamaños e abundante tella curva, nun ámbito de dispersión pequeno en forma de arco.
No Catrastro do Marqués da Ensenada (1750-53) descríbese a illa deste xeito:
“Isleta de Onza. Asimismo perteneze á esta Jurisdizion otra Isleta nombrada de Onza, ynmediata a la antezedente y al mediodia de ella, que tendrà un quarto de Legua de Circunferencia, Cuio terreno es inútil y lo mas de el peñascoso, a exccepcion de tal qual mancha que produze pasto para algun Ganado Mular que se quiera exponer en ella”.
Ruínas en Onza © CSIC
Imaxe destacada: © Santiago Boado Aguinaga
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada