Imposible bañarse! A auga das rías no verán esta fría a causa dos afloramentos. E iso que é?!
No verán, nas rías galegas, en ocasións, estás na praia e fai moitísima calor. Decides que che tes que dar un baño. Chegas á beira do mar e tocas a auga. Vaia, imposible bañarse!, non é nada doado, está friísimaaaaaaa!
-Por que ocorre isto?. Por que está tan fría a auga do mar no verán?
Case todo ten unha explicación científica. A auga das rías no verán adoita estar fría a causa do afloramento.
Esquema dun afloramento. Ilustración de © Fernando Ruibal
-E iso, que é?!
Un fenómeno oceanográfico que afecta ás rías galegas, e as enche de auga fría.
-Pero, quen ven sendo o responsable de semellante fenómeno?!.
Os responsables son os ventos do norte que sopran na plataforma, principalmente na primavera e verán.
-Eles sos?.
Non exactamente. Prodúceno os ventos unidos ao efecto de rotación da terra.
-Pero, cómo é que arrefrían a auga da ría?
Non a arrefrían. A combinación dos ventos e a rotación da terra produce o ascenso de auga oceánica profunda fría e moi rica en nutrientes, que en ocasións chega ata o interior das rías, e que vai desprazando á que xa estaba alí.
-E non se pode parar un intre para nos tomar uns baños?!
Non. Non se pode parar, e mellor que así sexa.
Sabes que é o que fai as rías tan produtivas?. A resposta téñena estes afloramentos. Agora que xa o coñeces, sentaránche moito mellor os baños na praia.
Fonte: Divulgamar/Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo
Corrección e tradución: Santiago Boado Aguinaga
Imaxe destacada: © Fernando Rey