Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXVII)
Os seus lugares
Lavadoiro de Pereiró
Lavadoiro construído na década do 50 situado no barrio de Pereiró, ao sur da illa, que aproveita as augas do rego de Pereiró, entre o núcleo de casas que alí hai. Este lavadoiro está parcialmente escavado na terra, é de planta rectangular e está construído en ladrillo e cemento e formigón. A cuberta de placa é a dúas augas con recubrimento de tella do país.
A cuberta está sostida por dúas columnas de sección cuadrangular e dúas paredes en forma de “L”, a oeste e a sur. No interior deste recinto está a pedra de lavar esta formada por tres laxes de granito en liña. Destaca a erosión e desgaste destas pedras na parte superior pola acción de lavar. A auga entra por unha canle situada na parede oeste.
Lavadoiro visto dende o leste © CSIC
Desauga pola súa parte leste, onde hai unha pontella e unha balsa onde se acumula a auga, que no seu momento puido servir de bebedoiro dos animais servindo ademais para regar as parcelas de regadío da contorna.
Este lavadoiro foi amañado hai non moito tempo sendo un dos poucos que segue sendo utilizado pola xente do lugar.
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada