Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero
CAPÍTULO 4 (XXVIII)
Os seus lugares
Fonte de Melide
Fonte situada na costa ao sur da praia de Melide. De feito é nun manancial natural que desemboca na rocha do acantilado. Accédese a través dun sendeiro que atravesa o actual eucaliptal desta zona sur de Melide. O cano de desaugue é metálico e está encastado nunha estrutura (caixa) de formigón. A pía é de ladrillo de forma cuadrangular e coa superficie totalmente recuberta por formigón.
Nos anos 80, cando Melide era unha zona de acampada libre, a esta fonte ían os campistas a lavarse e a procurar auga doce. Dicíase que era unha das mellores fontes da illa. Hoxe en día está en total estado de abandono.
Esta fonte atópase no entorno do areal de Melide © Arquivo da Luz Atlántica
Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón
Título: Ons: unha illa habitada
Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina
Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple
Ler tamén: Ons: unha illa habitada